A vida no solo e a súa importancia para o equilibrio dos ecosistemas
29/09/16
21/09/16
LAIKA, A PRIMEIRA ASTRONAUTA DA HISTORIA
O 3 de Novembro de 1957 unha cadela despegou nunha nave espacial. Chamábase Laika e converteuse no primeiro ser vivo en saír ao espazo exterior.
Antes foi sometida a un adestramemto durísimo que lle producíu un gran deterioro fisico. Laika morrería arredor das 6 horas despois do lanzamente, a causa da excesiva temperatura da cabina, producida por unha avaría no sistema de refrixeración, e polo pánico.
O trato recibido por Laika durante o entreno e a viaxe hoxe estaría considerado como maltrato animal. Anos máis tarde o propio responsable da misión, o científico Oleg Gazenko, expresou
publicamente o seu arrepentimento por permitir a morte da cadeliña:
"As probas con animais son
unha fonte de sufrimento para todos nós. Tratámolos coma bebés que non
poden falar. Canto máis tempo pasa, máis lamento o que ocorreu. Non
debimos facelo... Non aprendimos o suficiente desta misión para
xustificar a morte do can."
Nestes video poderás coñecer máis datos desta viaxe.
Neste video pódense ver videos reais da misión científica.
¿Queres saber máis? Fai clic enriba destes enlaces.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)