O Imperio Romano extendeuse por boa parte de Europa a través do Mar Mediterráneo, pero chegou un tempo en que os seus territorios (provincias) estaban tan lonxe de Roma que era difícil manter o control. Outros pobos procedentes do norte e centro de Europa, pobos xermánicos, ameazaron o Imperio Romano e comezaron a producirse moitas guerras. Despois de moitos problemas o Imperio dividiuse en dous: Imperio Romano de Oriente( ao leste) e Imperio Romano de Occidente (ao Oeste).
O Imperio Romano de Occidente cae en poder dos pobos xermánicos polo ano 476 d.C., data e feito que marca para os historiadores o principio da Idade Media.
O imperio Romano de Oriente, coa súa capital en Constantinopla, perdurou en cambio, moitos séculos máis.
Aquí tedes un relato da expansión dos pobos xermánicos (os romanos chamábanlle pobos bárbaros), polo sur de Europa, e concretamente pola península Ibérica, ao inicio da Idade Media.